Convenio Aarhus: Segundo Informe Nacional de Cumprimento

O Convenio sobre o acceso á información, a participación pública e o acceso á xustiza en materia de medio ambiente, asinado en Aarhus o 25 de xuño de 1998 e ratificado por España en decembro de 2004, obriga aos estados parte a informar do seu cumprimento mediante a presentación dun Informe Nacional de Cumprimento, en cuxa elaboración están implicadas todas as Administracións públicas cuxas actuacións teñan repercusión sobre o medio ambiente. No ano 2008 o Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño, que é o órgano competente para a tramitación do informe, en colaboración coas Administracións públicas cuxas actuacións teñan repercusión sobre o medio ambiente, elaborou o Primeiro Informe Nacional de Cumprimento.

Durante a última reunión do Grupo de Traballo das Partes, celebrada en Xenebra o pasado mes de xullo de 2010, desde o Secretariado do Convenio insistiuse na necesidade de traballar na preparación do II Informe Nacional de Cumprimento, coa debida antelación, a fin de poder presentar o dito informe 180 días antes da celebración da IV Reunión das Partes do Convenio de Aarhus, que previsiblemente terá lugar no mes de xuño de 2011, en Chisinau, Moldavia.

O Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño, en coordinación coas Administracións públicas implicadas, elaborou un borrador deste segundo Informe que se somete a consulta pública co fin de que se poidan formular aquelas observacións e comentarios que se estimen oportunos en relación coa forma na que se cumpriron, por parte das diferentes Administracións públicas afectadas, as distintas cláusulas do Convenio.

O prazo finalizou o 17 de decembro de 2010.

Información Ambiental (Convenio Aarhus)